Adiós, ríos;
adios, fontes;
adios,
regatos pequenos;
adios, vista
dos meus ollos:
non sei
cando nos veremos.
Miña terra,
miña terra,
terra donde
me eu criei,
hortiña que
quero tanto,
figueiriñas
que prantei,
prados,
ríos, arboredas,
pinares que
move o vento,
paxariños
piadores,
casiña do
meu contento,
muíño dos
castañares,
noites
craras de luar,
campaniñas
trimbadoras,
da igrexiña
do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a
veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...
ROSALÍA DE CASTRO
No hay comentarios:
Publicar un comentario